El pasado mes de enero se publicó el siguiente artículo firmado por Lola Dopico para Sermos Galiza, medio digital de información en gallego creado en 2012. Me ha parecido un artículo muy interesante, muchas gracias por tus palabras! Os dejo la siguiente transcripción, espero que os guste:
"Victoria Monasterio. Movemento continuo
Por Lola
Dopico. Profesora e Investigadora da
Universidade de Vigo
Aínda
que xa están aí diante as citas coas próximas pasarelas e @s
deseñador@s que acoden á Mercedes-Benz Fashion Week (xa van varias
edicións desde que mudou o nome a anterior Pasarela Cibeles) están
xa pensando nos fittings
e
as firmas que se presentan
en calquera dos showrooms que se abren en Madrid nos primeiros días
de febreiro, están ultimando os lookbooks da próxima temporada. Eu
aínda me demoro na actual tempada e nalgún bo deseño que vin nas
propostas que aínda están nos escaparates.
Cando
pensaba no artigo desta semana víñame á cabeza que se febreiro é
un mes de novidades no eido da moda, decembro e xaneiro cos coñecidos
mercados de Nadal e con algunha escapada ás rebaixas, é un momento
ideal para os reencontros felices. Niso estaba matinando,
precisamente arredor da colección “Up” de Victoria Monasterio.
Victoria
é unha deseñadora formada na Universidade de Vigo e que reside en
Pontevedra. Pechou a súa época de estudos cunha magnífica
colección, baseada na ambigua personaxe
de Marlene Dietrich, que lle serviu para dar forma a un proxecto
marcadamente dual. A rotundidade e dimensión das
pezas entraba en confrontación coa fluidez
dos drapeados, o desequilibrio extremo entre o orgánico das técnicas
construtivas que se decantaban polo uso do drapeado, fronte
á selección de materiais como os metais lacados. Baixo o título
Miss Dietrich, esta colección permitiulle tamén un salto
cualitativo que a levou a presentar esta e as súas seguintes
coleccións en citas chave da moda, como South 36-32N, en
Cádiz,Galicia Fashion Week, Singular Stop, Move Sevilla e o Showroom
de El Ego de Cibeles en repetidas ocasións.
Desde
que rematou os seus estudos en 2009, esta creadora apostou por crear
unha identidade propia. Ademais das habituais e seguintes coleccións
que presentou, Victoria lanza series limitadas de camisetas en que
propón
un universo gráfico de gran forza e riqueza
visual que, realizadas en algodóns e sedas, resultan prendas
delicadas e moi atractivas.
Novas
coleccións e proxectos. Falando con ela precisamente dos proxectos e
plans de futuro, mostrouse especialmente consciente
sobre as dificultades actuais, ás cales se enfrontan as firmas de
moda e nomeadamente
@s creador@s emerxentes. Ela amosaba unha postura de gran
determinación; “manterse en movemento”, sinalou, esa é a chave.
Atopar o xeito de manterse activa e facer viábeis os proxectos.
Parecía
que coa súa última colección, “Up”, quería transmitir esa
idea, “arriba, veña, arriba”, hai que seguir, erguerse e poñerse
a traballar. Ese espírito conecta moi ben coa fórmula Victoria
Monasterio, que dirixe esta creadora capaz de conxugar capacidade
creativa, ganas de facer, e visión comercial. Ademais da revisión
de siluetas para a colección, a deseñadora asume novamente
conceptos como solidez e rotundidade, fronte á fluidez
nas siluetas, buscando ao tempo un contraste
subliñado pola selección de tecidos para as saias de diferentes
longos e os vestidos asimétricos que realiza en crepes, gasas e
napas en tons neutros, cunha paleta centrada polas cores negra e
beige.
Victoria
atesoura fortalezas propias dunha deseñadora de corazón, con
capacidade de emprender, constancia e seguridade nos seus obxectivos.
Asumiu como un reto facerse un oco no difícil territorio da moda, un
sector que no Estado español está a atravesar uns dos seus peores
momentos. É unha creadora de tesón e férrea entrega que vai paso
a paso construíndo un proxecto que se quere facer realidade."
No hay comentarios:
Publicar un comentario